O Concello garante a continuidade das escolas deportivas na vindeira tempada.
Barreiros, 1 de xuño de 2020. O abandono da xestión das escolas deportivas por parte do Praias de Barreiros vén provocado pola non aceptación polo Concello dunhas condicións “imposibles de realizar, mesmo legalmente”, explica a alcaldesa barreirense.
Segundo fixo público nun comunicado o Concello, o Praias de Barreiros, que ata o de agora recibía unha axuda municipal para as escolas deportivas de 15.000€, pedía incrementar esa cantidade ata os 25.000€, máis unha serie de condicións imposibles, mesmo legalmente.