Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Que é Aula Mentor?
Aula Mentor é un programa de formación aberto e flexible a través de internet dirixido a persoas maiores de 18 anos que queiran ampliar as súas competencias persoais e/ou profesionais.
A iniciativa está promovida por o Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración co Concello de Barreiros.
Que cursos ofrece Aula Mentor?
Mentor conta con máis de 200 cursos de moi variadas temáticas.
Na seguinte ligazón podes consultar toda a oferta formativa: cursos Aula Mentor.
Debo acudir a un Aula Mentor para realizar o meu curso?
Os cursos son en liña e pódense realizar desde calquera lugar cun computador e conexión a internet, ou acudindo a Aula onde terás a túa disposición un equipo conectado a internet e o asesoramento e axuda do administrador da aula.
Canto duran os cursos?
Serás ti quen determine a duración do curso en función do teu ritmo de aprendizaxe e tempo dispoñible.
Canto custan os cursos?
Como norma xeral os cursos custan 48€.
O tempo estimado para a súa realización é de 2 meses, pero se necesitas máis tempo, podes realizar ampliacións de 30 días máis, pagando 24€.
Que inclúe o abono da matrícula?
A matrícula en calquera curso Mentor dáche acceso a:
Cando podo matricularme nun curso Mentor?
A matrícula pódese realizar durante todo o ano, excepto no mes de agosto.
Que obteño ao finalizar o curso?
Unha vez finalizada a acción formativa e superada as probas de avaliación e un exame presencial, que se realiza no noso centro, recibirás un certificado de aproveitamento expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Calendario de exames 2025
| Nº convocatoria | Mes/Ano | Días | Data tope para a entrega de exercicios. |
|---|---|---|---|
| 159 | Febreiro 2026 | do 9 ao 13 | 28 de xaneiro |
| 160 | Abril 2026 | do 20 ao 24 | 7 de abril |
| 161 | Xuño 2026 | do 8 ao 12 | 28 de maio |
| 162 | Outubro 2026 | do 5 ao 9 | 23 de setembro |
| 163 | Decembro 2026 | do 14 ao 18 | 3 de decembro |
INSTRUCIÓNS PARA A MATRICULACIÓN NOS CURSOS DE AULA MENTOR
Nota importante:
O comprobante do banco e a solicitude deberán indicar, de maneira clara, o nome e DNI da persoa que realiza o curso e o nome do curso ao que se inscribe.
Os comprobantes que non dispoñan desta información non se terán en conta para a matrícula do curso.
Non esquezas marcar se se trata de matrícula nova ou renovación.
O procedemento para efectuar a renovación é o mesmo que o da matrícula.
Para máis información: Web Aula Mentor.
Documentación:
Deberes e dereitos do alumnado
Formulario de Matrícula - Aula Mentor Barreiros

Teléfono: 666 875 946
Localización del Aula Mentor de Barreiros: