Música nas prazas e cine ó aire libre en 5 ubicacións diferentes.
A programación cultural organizada polo Concello de Barreiros, como mostra da aposta pola reactivación cultural do municipio, visita neste final de mes cinco localizacións diferentes (Celeiro, San Cosme, San Bartolo, San Xusto e Vilamartín Grande) co obxectivo de “achegar, pouco a pouco, os actos culturais a cada recuncho do concello” segundo o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García. “Tivemos unha boa acollida das primeiras 3 actividades con moita participación e moito respecto polas normas de hixiene polo que lle agradecemos á xente a comprensión das circunstancias peculiares nas que se desenvolve a programación e invitámola a seguir disfrutando dela” apunta o concelleiro.