Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE MATRÍCULA CURSO 2020-2021
Tendo en conta as circunstancias destes meses de confinamento derivados da crise sanitaria do COVID-19 e a declaración do estado de alarma que suspendeu os prazos administrativos dente o 14 de marzo ata o 1 de xuño de 2020, non foi posible seguir as datas habituais de presentación de documentación de matrícula na Escola Infantil municipal para o curso 2020-2021.
Unha vez que, o día 1 de xuño se retomaron os prazos administrativos, a Xunta de Goberno Local acorda fixar unhas novas datas para a presentación das solicitudes de matrícula para o ano 2020-2021, para todos aqueles que non teñan reserva de praza xa, conforme á normativa aplicable.
PRAZOS:
DOCUMENTACIÓN A APORTAR: *Nota: Presentárase na Escola Infantil en horario de 09:30 a 14:30 e preferentemente con cita previa chamando ó 982.124.407
Documentación reserva de praza, lista de espera:
Documentación acreditativa da situación económica:
1 copia da declaración da Renda ou, no seu defecto, certificado emitido pola delegación de Facenda acreditando os ingresos anuais.
En casos de nulidade matrimonial, separación e divorcio, considerarase a renda de quen exerza a patria potestade.
Tarxeta de desempregado/a.
Documentación para matrícula:
A Escola Infantil Municipal de Barreiros, “O Bítere”, acolle o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos) e ten dúas funcións.
Unha función educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención individualizada a través dun programa global que favorece o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social dos/as nenos/as. E unha función social coa fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Na actualidade conta con 43 prazas divididas en 3 unidades.
A Escola Infantil presta os seus servizos os doce meses do ano, de luns a venres en horario de 8:00 horas da mañá a 20:00 horas da tarde, agás nos meses de xullo e agosto, nos que a escola presta os seus servizos de 8:00 horas da mañá a 18:00 horas da tarde.
Localización da Escola Infantil Municipal de Barreiros: