Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

A ALCALDESA DIRÍXESE AO DELEGADO DA XUNTA PARA ACLARAR SE A XUNTA SE VAI ENCARGAR DO REPARTO DE TAREFAS ESCOLARES

Data de publicación: 
xoves, 14 Maio, 2020 - 11:52

O delegado anunciou onte o reparto de material de educación en Barreiros que o Concello leva realizando desde o inicio do terceiro trimestre.

Barreiros, 14 de maio de 2020. A alcaldesa de Barreiros vén de dirixir unha carta ao delegado da Xunta en Lugo para pedirlle que aclare se o Concello debe deixar de realizar o servizo de reparto de tarefas escolares que leva realizando nesta situación na que o alumnado non asisten aos centros escolares.

Desde a alcaldía barreirense explícanlle ao delegado que "desde que se puxo en marcha o servizo de impresión e reparto das tarefas escolares, o persoal municipal imprimiu e repartiu 3106 impresións correspondentes aos CEIP's de San Cosme e San Miguel, ademais dos libros de fichas de cuarto, quinto e sexto de educación infantil do CEIP de San Miguel. Isto supuxo achegar os recursos educativos a máis de 80 familias do municipio, que puideron contar cos recursos dependentes de educación grazas ao dispositivo organizado desde o Concello de Barreiros."

Ana Ermida tamén sinala no seu escrito que "o feito de ter que destinar medios propios a realizar tarefas alleas ás competencias municipais, ademais do importante esforzo organizativo, supón un considerable esforzo económico e humano." Polo que "á vista de que a Xunta de Galicia conta con medios suficientes e os pon a disposición da comunidade educativa", solicítalle saber se debemos deixar de prestar dito servizo para evitar duplicidades e con ánimo de non interferir nas competencias propias da Administración autonómica, como é a educación.

A misiva finaliza manifestando que  "é vontade deste Concello axudar ás veciñas e veciños tentando poñer á súa disposición mesmo os medios que non se acheguen por outras administracións, sempre que a situación local o permita. Mais non consideramos oportuna a duplicidade de recursos destinados a un mesmo fin, podendo atender outras necesidades da poboación que poidan xurdir e ser atendidas dun xeito máis eficiente. Con esta idea se leva traballando desde o goberno municipal desde o comezo do mandato e, máis se cabe, na crise sanitaria na que aínda nos atopamos inmersos como País. Primando sempre o interese xeral e as necesidades da poboación e fuxindo de carreiras de méritos estériles que só serven para desatender á poboación e colgar medallas a quen ten a obriga de xestionar a situación; polo que a coordinación dos servizos que se prestan entre administracións debera ser prioritaria entre quen ostentamos a responsabilidade de xestionar os recursos públicos."

Ficheiros: 

20200514_comunicacion_carta_delegacion_territorial_xunta.pdf

Carta enviada ao delegado da xunta.

Media Folder:

  • Media Root

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN PARA ESTA SEMANA SANTA
BARREIROS INAUGUROU ESTA MAÑÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte