Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA CRIANZAS. TEMPADA 2025-2026

O Concello de Barreiros organiza unha tempada máis as Escolas Deportivas Municipais para crianzas que terán lugar desde o día 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás as actividades temporais como Skate e Surf que por cuestións técnicas das propias prácticas rematarán antes de dita data ou a 30 de xuño do 2026.
A oferta deportiva:
Horario, grupos e prazas ofertadas:

Procedemento de inscrición:
Aberto dende o 16 ao 25 de setembro do 2025. Despois desta data quedarán abertas as inscricións a partir do día 1 de outubro do 2025 sempre que queden prazas dispoñibles nas actividades de preferencia.
Para inscribirse deberase achegar ao rexistro do Concello de Barreiros o formulario de inscrición (Anexo I), a solicitude de domiciliación (Anexo II) e o xustificante de pago da matrícula e da primeira mensualidade.
Documentación
Anexo I - Solicitude inscrición - crianzas
Anexo II - Solicitude de domiciliación - crianzas
ACTIVIDADES PARA PERSOAS ADULTAS. TEMPADA 2025-2026:

O Concello de Barreiros organiza unha tempada máis as Escolas Deportivas Municipais para persoas adultas que terán lugar desde o día 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás a actividade de baile que rematará o 20 de xuño de 2026.
A oferta deportiva:
Horario, grupos e prazas ofertadas:
*SC -> San Cosme
*SM -> San Miguel

Tarifas das actividades:
| CLASES | EMPADROADO/A | NON EMPADORADO/A |
|---|---|---|
| 1 clase á semana | 15€/mes | 20€/mes |
| Cada clase a maiores | 10€/mes | 15€/mes |
Prazos para presentar a solicitude de reserva de prazas
1º Prazo: (Persoas empadroadas): Dende o día da publicación destas bases ata o venres 19 de setembro ás 15:00 h.
2º Prazo: (Acceso libre): A partir das 8:30 h. do luns 22 de setembro.
Documentación
Bases reguladoras - persoas adultas
Anexo I - Solicitude de reserva de praza
Anexo II - Solicitude de domiciliación de tributos periódicos
Barreiros é un concello que vive o deporte, xa que ofrece unha gran variedade de disciplinas deportivas, grazas tanto ao enclave no que se atopa ubicado, unha contorna natural idónea para practicar distintas modalidades no eido do deporte, como ás instalacións coas que está dotado.
Actividades que se realizan na contorna natural:
O monte Comado, un espectacular mirador situado a 462 metros de altitude sobre o mar Cantábrico, foi durante anos unha zona de referencia do parapente, situándose entre as 15 principais zonas de voo de Galicia. Un lugar excelente para realizar descensos suaves ata os areais e voos biplaza aptos para todo o mundo. Ademais, dependendo da climatoloxía, son moitos os días nos que se pode facer distancia pola costa.
Esta actividade, que representa unha das bondades do Concello de Barreiros e que se converte tamén en reclamo turístico, reanudouse nos últimos anos. Isto permite disfrutar de novo das espectaculares vistas da zona costeira da Mariña Lucense, ademais da diversidade de sensacións físicas e mentais que ofrece esta disciplina deportiva.
Na liña de fomentar un turismo activo, en Barreiros tamén se practican actividades de aventura que se desenvolven no medio acuático. Actualmente ofértanse disciplinas tales como o kitesurf ou o surf.
Certo é, que a localidade de Barreiros dispón do escenario perfecto para o desenvolvemento deste deporte acuático, que cada vez gaña máis peso entre barreirenses e turistas, posto que se ofrece a súa práctica en todos os niveis de aprendizaxe.