Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

Data de publicación: 
martes, 18 Agosto, 2020 - 14:34

O concello de Barreiros está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.

Hai que ter en conta que os gobernos locais desempeñan un papel decisivo á hora de atenuar os efectos do cambio climático, xa que o 80% do consumo enerxético e as emisións de CO2 están asociadas coa actividade urbana.

Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello de Barreiros súmase tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Colabora co Concello, e súmate á loita contra o Cambio climático! Pasaremos polos locais comerciais a realizar unhas enquisas sobre os consumos enerxéticos.

https://pactodosalcaldes.gal

http://www.convenantofmayors.eu

Vantaxes

  • Liñas europeas de subvencións específicas. Ex. Horizon 2020.
  • Recoñecemento e visibilidade internacional.
  • Redución das emisións CO2 nun 40% para o 2030.
  • Aforro enerxético e mellora da competitividade municipal.
  • Mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás.
  • Incremento da resiliencia fronte ao cambio climático.

Compromisos

  • Reducir as emisións nun 40% de CO2 (e outros gases de efecto invernadoiro) para 2030 (20% para 2020 e 20% para 2030), mediante a aplicación dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible.
  • Elaborar un inventario de emisións de referencia (IRE) como base para o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible.
  • Elaborar unha Avaliación de Riscos e Vulnerabilidades (ERV) ao Cambio Climático.
  • Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible no prazo de dous anos a partir da firma oficial do Pacto dos Alcaldes.
  • Adaptar as estruturas do municipio, incluíndo a asignación de suficientes recursos humanos para o desenvolvemento das accións necesarias.
  • Mobilizar á sociedade civil nos respectivos ámbitos territoriais para que participe no desenvolvemento do Plan de Acción, esbozando as políticas e medidas necesarias para a aplicación e cumprimento dos obxectivos do Plan.
  • Presentar un informe de seguimento ao menos cada dous anos a partir da aprobación do Plan de Acción con fins de avaliación, seguimento e control.
  • Partillar experiencias e coñecementos técnicos coas unidades territoriais.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
PRESENTADO EN BALAIDOS O CAMPUS DE VERÁN RCCELTA QUE SE REALIZARÁ EN BARREIROS NO MES DE XULLO
PRESENTADAS AS ACTIVIDADES DO MERCADIÑO DE PRIMAVERA DE BARREIROS
PROGRAMA FSE+ DE ASISTENCIA MATERIAL BÁSICA (PROGRAMA BÁSICO)
O CONCELLO DE BARREIROS TRASLADA O SEU APOIO ÁS FAMILIAS DO CEIP DE SAN COSME E PÍDELLE Á XUNTA CLARIDADE A RESPECTO DAS DECISIÓNS QUE ADOPTE
CONVOCADO O CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2026

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte