Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

Deportes

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS BARREIROS (TEMPADA 2022-2023)

Documentación:

 Lista provisional de admitidos/as EDM Barreiros Menores

 Lista provisional de admitidos/as EDM Barreiros Maiores

 Bases reguladoras da convocatoria das EDM Barreiros

 Solicitude de inscrición EDM para Adultos (+16 anos) e declaración responsable

 Solicitude de inscrición EDM Menores e declaración responsable

 Información sobre a protección de datos

 

OBXECTO.

Convocatoria pública pola que se ofertan as prazas para as Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2022-2023.

PERSOAS DESTINATARIAS.

Poderán inscribirse nas EDM Barreiros 2022/2023 as persoas que polo menos teñan cumprido os 4 anos a decembro do 2022. Cada persoa deberá solicitar a ou as prazas que desexe nas actividade ofertadas en función da súa idade.

PRAZAS OFERTADAS.

Ofertaranse prazas para todas as idades a partir de 4 anos. A praza obtida por este procedemento dará dereito a comezar as actividades, sempre que a persoa sexa admitida na actividade deportiva e teña
previamente formalizada a inscrición.

A EDM reagrúpanse en: EDM para menores e EDM para adultos, e atendendo á idade á que vai dirixida cada unha escola a oferta de prazas en cada actividade varia:

A. EDM para menores: de 4 a 15 anos. (Anexo I)
B. EDM para adultos: 16 ou máis anos. (Anexo II)

CALENDARIO.

As EDM BARREIROS darán comezo o 10 de outubro do 2022 e rematarán o 31 de maio do 2023, agás a actividade de Surf para menores que rematará en xuño do 2023.

As actividades das EDM Barreiros Menores desenvolveranse en días lectivos suspendéndose nos períodos de vacacións escolares: Nadal (do 23 de decembro ata o 6 de xaneiro), Entroido (do 20 ao 22 de febreiro) e Semana Santa (do 3 ao 10 de abril, ambos inclusive); e nos días festivos de ámbito estatal, autonómico ou local, declarados polas autoridades competentes.

INSCRICIÓN.

O prazo para as solicitudes de inscrición de preinscrición comprende desde o 23/09/2022 ata o 03/10/2022 inclusive.

So se poderá presentar un formulario de inscrición por persoa, de solicitar praza para varios menores realizarase unha inscrición por cada menor. No formulario terase que elixir as actividades deportivas nas que a persoa estea interesa en adquirir unha das súas prazas ofertas, indicaranse as escolas cos códigos que se establecen no Anexos I e II.

TAXAS.

EDM Barreiros ADULTOS:

 Unha clase á semana: 15 €/ mes
 Por cada clase a maiores semanal: 10 € máis ao mes.

EDM Barreiros MENORES:

 Patinaxe: 10 €/ mes
 Natación: 15 €/mes

 Multixogos / Atletismo / Fútbol Sala:
1 actividade: 20 €/mes
2 actividade: 25 €/mes
3 actividade: 30 €/mes

 Surf:
1 hora á semana: 30 €/mes
2 horas á semana 45 €/mes

Na EDM Barreiros MENORES aplicarase un desconto do 20% por cada irmá/irmán inscrita/o nas Escolas Deportivas Municipais.

Coa formalización da inscripcion faciliataranse os datos bancarios para emitir os recibos mensuais do custo das actividades.

 

INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES PARA MENORES:

PATINAXE

Nesta actividade desenvolve as habilidades motrices básicas de deslizamento das crianzas a través do emprego de patíns, enfocada ó dominio dun patinaxe artístico e recreativo.

De outubro a maio

Idades:  de 4 a 14 anos

Frecuencia: 1 hora á semana.

Horario: luns de 18:00 a 20:00 dependendo do grupo.

Instalación: Pavillón do CEIP de San Miguel de Reinante.

Material requirido: patíns e proteccións.

 

MULTIXOGOS - Novidade

Nesta actividade as crianzas practicarán diversos xogos motrices que poñen en marcha a estimulación da capacidade perceptiva motriz dos nenos/as cunha finalidade lúdica e pracenteira para eles/elas.

De outubro a maio

Idades: de 4 a 6 anos.

Frecuencia: 2 días á semana, clases de 1h.

Horario previsto: Martes e xoves de 17:00 a 18:00

Instalacións: Pavillón Polideportivo de San Cosme

 

NATACIÓN

A actividade de natación será impartida na Piscina Municipal de Ribadeo por monitores/as da propia instalación. Serán as familias quen acheguen ás crianzas á instalación para que lles imparta o curso. As crianzas poderanse inscribir no curso correspondente sempre que cumpran os requisitos que se detallan para cada un deles.

De outubro a maio

Idades: 4-12 anos.

Frecuencia: 1 clase á semana, clases de 45 min.

Horario previsto: Venres de 17:00 h. a 17:45h.

Instalación: Piscina Municipal de Ribadeo, C/ Pintor Fierros, 26.

Nivel dos Cursos e prazas:

 ▪ Curso iniciación: 10 prazas para crianzas que precisan material de flotación para desprazarse na auga.

 ▪ Curso perfeccionamento: 20 prazas para crianzas que nadan 25 m. sen material de flotación

 

ATLETISMO – Novidade

Nesta actividade desenvólvense diferentes habilidades específicas do atletismo para que as crianzas coñezan diferentes disciplinas atléticas. Durante o curso prevese competir en probas de Campo a través e Atletismo en Pista.

De outubro a maio

Idade: 6-14 anos.

2 adestramentos por semana, clases de 1h.

Horario previsto: Martes de 18:00 a 19:00 e Xoves de 18:00 a 20:00, dependendo da categoría.

Instalación: Pavillón Polideportivo de San Cosme

 

FUTBOL SALA

Nesta actividade realizaranse adestramentos que desenvolven as diferentes habilidades específicas do fútbol sala adaptados á idade do grupo.  Prevese competir coas diferentes categoría.

De outubro a maio

Idade: 4 a 14 anos.

2 adestramentos por semana de 1h.

Horario previsto: Mércores e Venres, de 17:00 a 20:00 dependendo da categoría.

Instalación: Pavillón Polideportivo de San Cosme

Categorías: Biberón (2018-2017), PreBenxamíns (2015-2016), Benxamíns (2014-2013), Alevíns (2012-2011), Infantís (2010-2009) e Cadetes (2008- 2007)

 

SURF

As clases de surf serán impartidas por monitores de LA Academia del Surf de Barreiros, na praia de Coto. As familias deberán achegar alí ás crianzas para que se lles impartan as clases.

De abril a xuño.

Idades: 8 a 15 anos.

2 clases por semana, clases de 1h 30min.

Días e horarios previstos: Martes e/ou Mércores de 17:00 h. a 18:30 h.

Grupos: mínimos 5 alumnos/as, máximo 14 alumnos/as.

Espazo natural: Praia de Coto, Barreiros

Imprescindible saber nadar

 

INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES PARA ADULTOS/AS:

IOGA

Ioga é unha disciplina onde se traballa co movemento corporal e a respiración a través dun sistema de posturas físicas, logrando así unha mente máis tranquila e un corpo equilibrado. Mellora a forza, flexibilidade e a postura corporal, axuda á relaxación e control do estrés e axuda a mellorar o sono.

De outubro a maio.

Idades: 16 ou máis

Frecuencia: 2 clases por semana, clases de 1 hora

Días e horarios previstos: Luns 18:15 a 19:15 e Mércores 20:30 a 21:30

Instalación: Centro sociocultural de San Cosme

 

XIMNASIA DE MANTEMENTO

Nas clases de ximnasia de mantemento practicaranse un conxunto de exercicios de flexibilidade, tonificación e coordinación encamiñados á conservación e mellora da condición física das persoas.

De outubro a maio.

Idades: 16 ou máis

Frecuencia: 2 clases por semana, clases de 1 hora

Días e horarios previstos: Luns e Mércores 17:00 a 18:00

Instalación: Centro sociocultural de San Cosme

 

ESPALDA SAUDABLE- Novidade

Espalda saudable é unha actividade enfocada á mellora das doenzas e desequilibrios da columna vertebral provocados polos malos hábitos posturais. Nas clases realizaranse exercicios específicos para favorecer a súa flexibilidade e unha musculatura potente, equilibrada e ben coordinada que mellore a estabilidade e funcionamento da columna vertebral.

 De outubro a maio.

Idades: 16 ou máis

Frecuencia: 1 clases por semana, clases de 1 hora

Días e horarios previstos: Xoves 20:00 a 21:00

Instalación: Centro sociocultural de San Cosme

 

CARDIO HITT - Novidade

O Cardio Hitt é unha clase dirixida onde as persoas adestran combinando intervalos de exercicios de certa intensidade con períodos curtos de repouso activo. Esta modalidade de adestramento fitness axuda a unha aceleración rápida do metabolismo favorecendo a queima de graxa corporal.

De outubro a maio.

Idades: 16 ou máis

Frecuencia: 1 clases por semana, clases de 45 min.

Días e horarios previstos: Martes 19:30 a 20:15.

Instalación: Pavillón Polideportivo de San Cosme

 

ZUMBA

A clase dirixida de Zumba é nunha actividade aeróbica na que mediante o baile se combinan pasos, estilos e música similares aos ritmos latinoamericanos.

De outubro a maio.

Idades: 16 ou máis

Frecuencia: 1 clases por semana, clases de 1 hora..

Días e horarios previstos: Martes 20:30 a 21:30.

Instalación: Pavillón Polideportivo de San Cosme

 

----------------------------------------------------------------------

Barreiros es un ayuntamiento que vive el deporte, ya que ofrece una gran variedad de disciplinas deportivas, gracias tanto al enclave en el que se encuentra ubicado, un entorno natural idóneo para practicar distintas modalidades en el campo del deporte, como a las instalaciones con las que está dotado.

Actividades que se realizan en el entorno natural:

Parapente

El monte Comado, un espectacular mirador situado a 462 metros de altitud sobre el mar Cantábrico, fue durante años una zona de referencia del parapente, situándose entre las 15 principales zonas de vuelo de Galicia. Un lugar excelente para realizar descensos suaves hasta los arenales y vuelos biplaza aptos para todo el mundo. Además, dependiendo de la climatología, son muchos los días en los que se puede hacer distancia por la costa.

Esta actividad, que representa una de las bondades del Ayuntamiento de Barreiros y que se convierte también en reclamo turístico, se ha reanudado en los últimos años. Esto permite disfrutar de nuevo de las espectaculares vistas de la zona costera de A Mariña Lucense, además de la diversidad de sensaciones físicas y mentales que ofrece esta disciplina deportiva.

Kitesurf - Surf

En la línea de fomentar un turismo activo, en Barreiros también se practican actividades de aventura que se desarrollan en medio acuático. Actualmente se ofrecen disciplinas tales como el kitesurf o el surf.

Cierto es que la localidad de Barreiros dispone del escenario perfecto para el desarrollo de estos deportes acuáticos, que cada vez ganan más peso entre barreirenses y turistas, puesto que se ofrece su práctica en todos los niveles de aprendizaje.

Instalaciones deportivas:

Gimnasio municipal

Pabellón municipal

Pista municipal de pádel

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte