Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Mapas
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
    • Como chegar?
    • Praias
    • Montaña
    • Patrimonio
    • Camiño Norte de Santiago
    • Sendeirismo
    • Hostalaría
    • Gastronomía
    • Festas
    • Galería multimedia
    • Vídeo promocional
  • Contacto

O CONCELLO DE BARREIROS FAI ENTREGA AOS DOUS COLEXIOS DAS MÁSCARAS INFANTÍS DOADAS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Data de publicación: 
mércores, 9 Setembro, 2020 - 13:31

A falta de previsión da Xunta, con competencias en educación obriga ao Concello de Barreiros a suplir, con moitas dificultades as obrigas da Consellería de Educación.

Barreiros, 9 de setembro de 2020. O Concello de Barreiros, ante a falta de previsión da Xunta, con competencias en materia de educación, fai entrega das máscaras infantís doadas pola Deputación Provincial de Lugo nos colexios de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante.

As concelleiras de educación e servizos sociais achegáronse na mañá de hoxe aos dous colexios de Barreiros para entregar dito material, dando saída ás preto de trescentas máscaras infantís doadas pola Deputación, co obxectivo de tratar de aliviar un pouco ás familias que, polos motivos que sexan, teñen dificultade para poder adquirilas.

 O comezo do curso escolar, previsto para o día dez de setembro significa para as familias un desembolso importante de cartos en condicións normais, moitas veces difícil de asumir por moitas familias. Neste curso multiplicaríase bastante dado que cada pequena ou pequeno debe acudir ao centro educativo provisto de máscara e con material de reserva, xa que calquera circunstancia que produza deterioro da mesma obrigaría a cambiala . A Xunta de Galicia, ausente durante meses e incapaz de asumir as súas competencias educativas, non foi quen ata poucos días antes de comezo de curso de presentar uns mínimos protocolos de actuación, deixando nas mans de cada centro a adecuación  dos mesmos e delegando funcións nos concellos, “incapaces de facer fronte ás esixencias cada vez maiores da Xunta, que se desentende das súas funcións tanto en educación coma en sanidade ou noutros campos, afogándonos una vez máis”- comenta Montse Porteiro, concelleira de educación.

A desinfección e limpezas extras serán asumidas tamén polos centros educativos e o Concello de Barreiros.

O concello e os dous centros educativos  asumirán tamén, por responsabilidade, as limpezas e desinfeccións extras que se deben efectuar en todos os centros educativos para manter as instalacións seguras e libres de xermes. Esta asunción de obrigas e competencias sobrecarga aínda máis as arcas dos concellos pequenos e en situación límite, “sen ningún tipo de compensación por parte da Xunta de Galicia e sen que nin sequera fose notificada formalmente esta nova obriga, que contribuirá a seguir afogándonos”-conclúen desde a área de educación.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
NENAS E NENOS DE BARREIROS PARTICIPARON NUNHA VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL ORGANIZADA POLA AULA CEMIT
Vídeo onde un alumno do “Obradoiro Serra da Cadeira II” conta a súa experiencia como usuario do Proxecto EcaTIC da Fundación ONCE
SERVIZOS SOCIAIS RECOLLE ALIMENTOS EN VARIOS PUNTOS PARA AS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS DO MUNICIPIO E PON EN MARCHA, UN ANO MÁIS, A CAMPAÑA “UN NENO, UN XOGUETE”
REMATADO O CURSO DE MANEXO DE SMARTPHONES IMPARTIDO NA AULA CEMIT DE BARREIROS
VILAMARTÍN GRANDE DISPÓN DUNHA NOVA MARQUESIÑA DE MADEIRA QUE DARÁ SERVIZO TANTO A ESTUDANTES QUE COLLEN O BUS COMO AOS PEREGRINOS DO CAMIÑO NORTE

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 62
  • 63
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • 68
  • 69
  • 70
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 8:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Mapas
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte

Turismo

  • Como chegar?
  • Praias
  • Montaña
  • Patrimonio
  • Camiño Norte de Santiago
  • Sendeirismo
  • Hostalaría
  • Gastronomía
  • Festas
  • Galería multimedia
  • Vídeo promocional