Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Para cubrir a limpeza dos asesos nas praias durante os meses de xullo e agosto, é necesario contar con duas persoas.
Tentouse cubrir estas duas prazas coas bolsas de emprego que tiña o concello, tanto coa específica do proceso selectivo que se fixo no ano 2020 como da bolsa de limpeza de edificios xenérica que se abriu no ano 2021, e so foi posible cubrir unha das prazas dispoñibles.
Polo tanto, considérase como opción máis rápida e directa, a solicitude á oficina de emprego de Ribadeo dunha oferta de emprego para cubrir esta praza libre o antes posible.
Consonte o establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e respectando os mínimos establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público e Estatuto dos Traballadores, pola presente, Resolvo:
PRIMEIRO.- Aprobar as bases da convocatoria para a contratación temporal dunha persoa para prestar o servizo de limpeza dos asesos da praias, co seguinte contido:
“BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUNHA PERSOA DE LIMPEZA DOS BAÑOS DAS PRAIAS DURANTE A TEMPADA DE VERÁN
1ª .- Obxecto. As presentes bases teñen por obxecto a contratación laboral temporal de UNHA PERSOA PARA A LIMPEZA DOS BAÑOS DAS PRAIAS DURANTE A TEMPADA DE VERÁN, dende que sexa posible a súa contratación e ata o 31 de agosto, a xornada é de 30 horas (inclúese traballo en sábados, domingos e festivos), grupo de cotización 10, mediante contrato temporal por obra ou servizo.
Será necesario que conten con carnet de conducir B1 e vehículo propio. Pagarase o desprazamento e as vacacións non disfrutadas. O salario será o equivalente ó salario mínimo correspondente ás horas do contrato máis a parte proporcional das pagas extras.
2ª .- Financiación. Esta contratación financiarase con fondos propios municipais.
3º.- Forma de Selección. O concello enviará oferta á oficina de emprego de Ribadeo, para solicitar que nos remitan aspirantes con este perfil e que se atopen en situación de desemprego ou mellora de emprego.
4ª.- Admisión de Aspirantes. Valoraranse os aspirantes incluídos na listaxe remitida pola oficina de emprego conforme ós seguintes criterios:
a) EXPERIENCIA PROFESIONAL:
- Experiencia na realización de tarefas relacionadas coas que vai ter que desempeñar no posto de traballo, ata 6 puntos.
- A experiencia profesional acreditarase mediante a vida laboral acompañada dos contratos correspondentes ou ben os certificados de empresa dos servizos prestados.
b) FORMACIÓN:
- Por cursos directamente relacionado coas labores a desempeñar, ata 4 puntos, con 0,5 puntos por cada curso. Non se terán en conta os cursos que acrediten a titulación que dá acceso ó posto de traballo.
- Acreditaranse cos títulos ou acreditación parcial da formación que se pretende se valore.
- Terán preferencia aquelas persoas desempregadas e que non estean percibindo prestación actualmente.
- Unha vez realizada esta valoración, o concello poderá realizar unha proba práctica a aqueles aspirantes que conseguisen unha maior puntuación, co fin de comprobar si os mesmos están capacitados para poder desenvolver as funcións que van ter que desenvolver.
5ª.- Órgano de Contratación. A alcaldía, á vista da valoración de todo o proceso, dictará resolución acordando a contratación da persoa que considere máis axeitada.
SEGUNDO.- Remitir a oferta de emprego á Oficina de Ribadeo e solcitar que nos envíen os datos de todas as persoas que reúnan os requisitos de titulación para poder citalas para a selección e solicitarlles que presenten a documentación acreditativa dos méritos e realizar a selección o antes posible e en todo caso antes do día 10 de xullo.