Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Máis de vinte alumnas e alumnos recibiron, nas dúas últimas semanas, nocións básicas que lles permitirán manexarse nos terminais de última xeración
Máis de vinte alumnas e alumnos recibiron, nas dúas últimas semanas, nocións básicas de manexo de smartphones grazas a un curso impartido pola aula CeMIT de Barreiros, e que lles permitiu familiarizarse cos terminais de última xeración.
Remata así o ciclo de cursos de informática impartidos pola CeMIT de Barreiros neste 2015, aínda que xa se están preparando os cursos que se impartirán a partir de febreiro de 2016 e que seguirán facilitando a inclusión tecnolóxica de veciñas e veciños do municipio, posto que o principal obxectivo destas actividades formativas reside en impulsar, potenciar e difundir, á veciñanza do municipio e arredores, coñecementos nas tecnoloxías da información e da comunicación, achegando a alfabetización dixital a toda a poboación.
Aula aberta
A Aula CeMIT non só é o centro no que se imparten os cursos anteriormente mencionados. A Aula CeMIT de Barreiros permanece aberta durante todo o ano, de Luns a Xoves, agás festivos, de 15.00 a 21.00 horas do 15 de setembro ó 30 de xuño, e de 9.00 a 15.00 no verán. Así, os usuarios poden acceder libre e gratuitamente á utilización do equipo informático da aula, sempre co apoio e baixo a supervisión do axente TIC.