Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Esta semana finalizaron os cursos de informática que se estaban a levar a cabo dende o mes de febreiro na aula CeMIT de Barreiros.
Participaron un total de 28 persoas divididas en dous grupos en función dos seus coñecementos e experiencia na informática, “por unha banda a xente que comezaba dende cero, aprendendo o manexo do teclado e do rato, creación de carpetas e documentos básicos, iniciación na navegación web, correo electrónico e algunha xestión básica como pedir cita para o médico ou solicitar un permiso de queima. E o segundo grupo, que xa contaba cunha certa experiencia no manexo das novas tecnoloxías, afianzou coñecementos con carpetas e documentos, descubriu novas posibilidades que ofrece internet, o comercio electrónico, como realizar trámites coas administracións, a banca electrónica e como de navegar de xeito seguro para non levarse sorpresas desagradables”, explica Manuel Pérez, axente TIC en Barreiros.
Ao acto de clausura acudiu o alcalde, Alfonso Fuente, que valorou de xeito moi positivo “este tipo de actividades dada a boa aceptación que teñen entre a poboación, e o gran interese que demostran por non quedar atrás nun mundo cada vez mais dixital”.