Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

MINISTERIO DE MOBILIDADE E TRANSPORTE E CONCELLO DE BARREIROS TRABALLAN NA REUBICACIÓN DO APEADEIRO DE SAN COSME

Data de publicación: 
xoves, 28 Outubro, 2021 - 16:10

O xerente de Adif na zona visitou o apeadeiro actual e comprometeuse a estudar a proposta de reubicación que propoñan desde o Concello.

Barreiros, 28 de outubro de 2021. O xerente de Adif -dependente do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana- para a zona noroeste, Luis Palacios, visitou nesta semana, xunto con persoal técnico, o concello de Barreiros para coñecer de primeira man o estado das instalacións propiedade de Adif e as demandas existentes en canto ás infraestruturas das que é titular.

Acompañado da alcaldesa e das tenencias de alcaldía, achegouse ao actual apeadeiro de San Cosme; onde puido comprobar que a súa situación non favorece o seu uso, provocando un abandono que o chega a  convertelo en espazo residual.

Tras a proposta do equipo de goberno, o xerente de Adif comprometeuse a estudar un lugar alternativo para un novo apeadeiro, achegándoo á capital municipal e converténdoo nunha infraestrutura de utilidade ferroviaria e social.

Desde o Concello de Barreiros agradecen a disposición e a sensibilidade amosada polo Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana e apostan por desprazalo, sempre que sexa posible, cara á estrada que une San Cosme e a zona da praia de Altar; “xa que daría servizo tanto ao pobo como á zona de praia”, explica Ana Ermida.

A rexedora lembrou ademais que “esa nova ubicación encaixaría á con perfección dentro do proxecto no que traballamos de conectar a zona do centro de San Cosme tanto cos barrios da Áspera e Vilar como coa zona de praia, dotándoo dunha senda peonil e ou de bicis que permita a mobilidade entre o centro e esas zonas”.

Desde a xerencia de Adif trasladaron ao goberno municipal a súa disposición e a do propio Ministerio a estudar a proposta, así como o convencemento de investir diñeiro no lugar e do xeito que conleve un maior beneficio social; polo que valorarán firmemente o cambio de lugar do apeadeiro.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
BARREIROS DIVULGA OS VALORES AMBIENTAIS E CULTURAIS DO SEU TERRITORIO A TRAVÉS DUN OBRADOIRO DE EMPREGO
BARREIROS ADXUDICARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS OBRAS EN VIAIS MUNICIPAIS POR IMPORTE DE MÁIS DE 270.000 EUROS
BARREIROS DEU INICIO ÁS LABORES DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS COA POSTA EN MARCHA DA BRIGADA FORESTAL
CONEXIÓNS MÓBILES MÁIS VELOCES E MELLOR COBERTURA CHEGAN A BARREIROS
BARREIROS VOLVE ACOLLER ESTE VERÁN O CAMPUS FUNDACIÓN CELTA DE VIGO

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte