Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros, mediante resolución, abre o prazo para solicitar o pavillón polideportivo municipal na tempada 2023-2024 (1 de outubro de 2023 a 30 de xuño de 2024)
O prazo para presentar as solicitudes é desde o 4 ao 22 de setembro, ámbolos dous inclusive. Durante este prazo as entidades ou persoas interesadas deberán presentar nos rexistros municipais (presencial ou electrónico) a súa solicitude no modelo normalizado que se lles facilitará nas oficinas xerais, na páxina web do Concello de Barreiros ou desde as seguintes ligazóns.