Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Xunta de Galicia, a través dunha subvención para actuacións en materia de residuos de competencia municipal financia ao Concello de Barreiros con 40.000 € para a compra dun camión cun módulo de punto limpo móbil. Este irá destinado a complementar as funcións do punto limpo fixo existente e achegar as posibilidades de reciclaxe ás distintas zonas do concello.
Esta subvención está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Con cargo a esta actuación tamén se vai levar a cabo unha campaña de difusión e sensibilización ambiental con diversas accións: sensibilización a pe de rúa, accións formativas, carteis publicitarios, dípticos informativos, etc.