Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A partir das 10:30 o vehículo estará na praza do Concello, na que se desenvolverá una campaña de información sobre a separación e a reciclaxe de residuos.
Barreiros, 20 de decembro de 2019. O Concello de Barreiros poñerá en servizo no vindeiro ano o punto limpo móbil, que percorrerá todas as parroquias e distintos puntos de poboación de xeito periódico.
No punto limpo, habilitado para o depósito de pequenos residuos, poderanse depositar pilas, baterías, pequenos electrodomésticos, baterías, bombillas e tubos fluorescentes, cartuchos de tinta, teléfonos móbiles, botes pechados de pinturas, verniz ou disolventes, etc.
Na acción divulgativa do vindeiro luns explicarase que residuos deben ir ao punto limpo e tamén se tratará información xeral sobre reciclaxe e o correcto uso dos distintos colectores.
O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, “lembra a importancia dunha correcta reciclaxe dos residuos, por unha cuestión medioambiental, mais tamén económica; xa que o feito de non separar ben os residuos supón un maior custe ao Concello.”
Solicitude de novos composteiros domésticos.
Desde o goberno municipal veñen tamén de dirixirse a Sogama para solicitar unha ampliación do programa de compostaxe doméstica, pedindo 30 novos composteiros individuais para poder facelos chegar a aquelas vivendas que o soliciten e queiran participar no programa. “Trátase tamén de intentar reducir os residuos que van ao lixo, utilizando a materia orgánica para a xeración de compost que se poida reutilizar en xardíns e hortas”, explica Ratoeira.