Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS CREA A MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Data de publicación: 
venres, 19 Novembro, 2021 - 14:38

Na mesma traballarán na loita contra a violencia no ámbito local representantes das administracións local, galega e estatal; centros educativos; o Centro de Información á Muller; os corpos e forzas de seguridade do Estado e o ámbito sanitario.

Barreiros, 19 de novembro de 2021. O Concello de Barreiros vén de constituír na mañá de hoxe a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero, na que participan administracións e organismos implicados na loita contra a mesma.

Na sesión constitutiva de hoxe fixáronse os obxectivos e funcións da mesa, entre as que destaca a coordinacións dos distintos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero para mellorar as actuacións que se leven a cabo.

A alcaldesa, Ana Ermida, agradeceu a disposición e a participación de todas as institucións e organismos convidados; xa que se formou unha mesa multidisciplinar na que participan Concello, Xunta de Galicia, Subdelegación do Goberno do Estado, os dous centros educativos do municipio, persoal sanitario, do Centro de Información á Muller e Garda Civil; cunha composición técnica e política que “avanzará na loita contra a violencia de xénero.”

A concelleira de igualdade, Montse Porteiro, explicou que a mesa terá dous obxectivos principais: a formación, tanto profesional como dirixido á poboación en xeral, como medio de prevención e a actuación naqueles casos en que sexa preciso; función na que só participará o persoal técnico que corresponda en función da situación.

“A constitución da mesa resposta ao convencemento do goberno municipal de traballar na erradicación da violencia machista de xeito constante e coordinado para detectar situacións e resolvelas do xeito máis óptimo posible”, manifestou Porteiro; quen tamén explicou que “os concellos pequenos non temos obriga legal de constituír mesas deste tipo, pero considerámolo necesario para implicar a todos os axentes e que o funcionamento mellore en beneficio da sociedade”.

O funcionamento da mesa será de carácter semestral con carácter ordinario, aínda que poderá convocarse sempre que sexa preciso a instancia de calquera das persoas que forman parte da mesma.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
ROMINA REIMONDO E ALEJANDRO VILLALBA COROANSE NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES +KMSBARREIROS
O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UN PROGRAMA DE APOIO A PERSOAS COIDADORAS
BARREIROS CONTINÚA COA MELLORA DA REDE VIARIA LOCAL
O PERSOAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BARREIROS FINALIZA CON ÉXITO O CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR SOCIOSANITARIO
O LUNS 31 O CONCELLO DE BARREIROS CELEBRA O SAMAÍN INFANTIL

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte