Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Actualmente atópase aberto o prazo para presentar as solicitudes de arrendamento para dúas fincas rústicas colindantes en San Cosme de Barreiros, propiedade deste concello e calificadas como bens patrimoniais (11.343 m2 en conxunto).
1.- Finca con referencia catastral 27005A002000250000UJ (parcela 25 do polígono 2), cunha superficie de 9.929 m2. Dita parcela ten, segundo catastro, varias zonas con matorral e unha parte con pinar maderable, e linda ó norte con camiño; ó leste coas parcelas 24 e 22 do polígono 2; ó sur coa parcela 5 do polígono 2 de titularidade municipal e ó oeste con camiño.
2.- Finca con referencia catastral 27005A002000050000UY (pacela 5 do polígono 2), cunha superficie de 1.414 m2. Dita parcela está actualmente a matorral. Linda ó norte coas fincas 24 e 25 do polígono 2; ó leste en cuña coas fincas 24 e 1 do polígono 2; ó sur coa parcela 1 do polígono 2 e ó oeste con camiño.
As ofertas presentarse no rexistro do Concello de Barreiros ou por correo certificado con data límite do 31 de xaneiro de 2020.
DOCUMENTACIÓN DO PROCEDEMENTO.