Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

PROGRAMA DE ACTIVIDADE FÍSICA MOVERNOS NO VERÁN 2023

Data de publicación: 
sábado, 17 Xuño, 2023 - 16:00

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA MOVERNOS NO VERÁN 2023

Artigo 1. Obxecto de aplicación
O presente programa deportivo, MoVernos no Verán 2023, ten por obxecto cubrir a demanda de actividades deportivas para a mocidade e as persoas adultas, dende o 03 de xullo ata o 31 de agosto do 2023.

Artigo 2. Persoas destinatarias
As actividades deportivas están dirixidas a persoas maiores de 12 anos.

Artigo 3. Actividades deportivas ofertadas
Impartiranse clases de 1h de duración de Espalda Saudable, Ximnasia de mantemento e Ioga.
As clases serán impartidas cun mínimo de 5 persoas inscritas e un máximo 16. Se o número mínimo de inscricións esixibles non se cubrira, a clase non se impartida.

Artigo 4. Horarios e instalacións das actividades
Ofértanse 6 clases semanais nas seguintes instalacións e horario:

Artigo 5. Inscricións
O prazo de inscrición estará aberto dende a publicación destas bases ata cubrir as prazas. A inscrición so terá validez cando se achegue o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago correspondente á inscrición solicitada.

O formulario de inscrición só estará dispoñible nas oficinas do Concello. A persoa que queira inscribirse deberá confirmar previamente nas oficinas municipais que quedan prazas dispoñibles na/s clase/s nas que queira matricularse e unha vez confirmada a dispoñibilidade, as prazas serán reservadas durante ese mesmo día, ata as 15:00 h. co fin de que nese tempo esa persoa rexistre xunto co formulario o xustificante de pago correspondente á inscrición. Este rexistro poderá facerse de forma presencial ou a través da sede electrónica, pero sempre no mesmo día que se faga a confirmación da praza nas oficinas municipais.

As persoas interesadas en quedar incluídas nas listas de agarda dalgunha das clases que teñan as prazas cubertas deberán cubrir igualmente o formulario de inscrición e achegalo a través de rexistro, pero non terán que facer o pago nese momento. Se quedasen prazas dispoñibles avisarase dende o concello ás persoas da lista de agarda para que fagan o pago no día e así xa teñan a praza reservada.

En caso de que alguén se inscriba e realice o pago sen ter confirmada a dispoñibilidade de praza pasará directamente á lista de agarda e non se devolverá o importe ingresado.

No caso de que nalgunha das clases nas que se está inscrito/a non se cubra o mínimo de prazas esixibles para ser ofertada, procederase á devolución do ingreso ás persoas inscritas ou daráselles a posibilidade de asistir a outra clase que teña prazas dispoñibles.

Só se devolverá o importe abonado se a baixa na actividade se comunica por rexistro no concello e antes do inicio do mes natural da actividade na que é baixa, é dicir, antes do 3 de xullo ou antes do 1 de agosto.

Artigo 6. Realización de pagos
O importe do ingreso será de 15€/mes pola primeira clase inscrita. Cada clase inscrita a maiores, terá un custo de 10€ ao mes.
Os datos bancarios que deben figurar para o ingreso son os seguinte:
Entidade bancaria: ABANCA
Concepto do ingreso: NOME E APELIDOS DA PERSOA QUE SE INSCRIBE.
Nº Conta para o ingreso: ES55 2080 0142 9031 1000 0019

Ficheiros: 

bases_reguladoras_do_programa_movernos_no_veran_2023.pdf

bases_reguladoras_do_programa_movernos_no_veran_2023.pdf

Media Folder:

  • Media Root
Imaxes: 

Categorías:

  • Deportes
Otras noticias: 
PRESENTADAS AS ACTIVIDADES DO MERCADIÑO DE PRIMAVERA DE BARREIROS
PROGRAMA FSE+ DE ASISTENCIA MATERIAL BÁSICA (PROGRAMA BÁSICO)
O CONCELLO DE BARREIROS TRASLADA O SEU APOIO ÁS FAMILIAS DO CEIP DE SAN COSME E PÍDELLE Á XUNTA CLARIDADE A RESPECTO DAS DECISIÓNS QUE ADOPTE
CONVOCADO O CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2026
BARREIROS CONTARÁ CUN MIRADOR E NOVO EQUIPAMENTO NA PRAZA DE REINANTE

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte