Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Delegación de Cultura, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza un curso de técnicas de relaxación e concentración.
Esta actividade vai dirixida a moz@s e adultos, e estase a desenvolver dende o pasado 1 de outubro ata o 31 de maio de 2019. Celébrase os luns e os venres, en horario de 10:30 a 11:30 horas, no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.
As inscricións poden facerse na Oficina de Información Xuvenil ata cubrir prazas.