Configúrase como o dereito subxectivo a unha prestación de natureza económica que garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade.
Persoas beneficiarias
a) As persoas integrantes dunha unidade de convivencia.
b) As persoas de polo menos 23 anos e menores de 65 anos que viven soas, ou que, compartindo domicilio cunha unidade de convivencia nos supostos do artigo 6.2. c), non se integran na mesma, sempre que concorran as seguintes circunstancias:
- Non estar unidas a outra por vínculo matrimonial ou como parella de feito nos termos definidos no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, salvo as que iniciasen os trámites de separación ou divorcio ou as que se atopen noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente, ás que non se lles esixirá o cumprimento desta circunstancia.
- Non formar parte doutra unidade de convivencia, de conformidade co previsto no presente real decreto-lei.