Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
    • Igualdade
    • ODS Axenda 2030
    • Plenos
    • Subvencións recibidas
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
  • Contacto

INFORMACIÓN SOBRE O INGRESO MÍNIMO VITAL

Data de publicación: 
luns, 8 Xuño, 2020 - 12:21

Configúrase como o dereito subxectivo a unha prestación de natureza económica que garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade. 

Persoas beneficiarias

a) As persoas integrantes dunha unidade de convivencia.

b) As persoas de polo menos 23 anos e menores de 65 anos que viven soas, ou que, compartindo domicilio cunha unidade de convivencia nos supostos do artigo 6.2. c), non se integran na mesma, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  1. Non estar unidas a outra por vínculo matrimonial ou como parella de feito nos termos definidos no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, salvo as que iniciasen os trámites de separación ou divorcio ou as que se atopen  noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente, ás que non se lles esixirá o cumprimento desta circunstancia.
  2. Non formar parte doutra unidade de convivencia, de conformidade co previsto no presente real decreto-lei.

Requisitos de acceso

Todas as persoas beneficiarias, estean ou non integradas nunha unidade de convivencia, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter residencia legal e efectiva en España e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude.

b) Atoparse en situación de vulnerabilidade económica por carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes, nos termos establecidos.

c) Solicitar as pensións e prestacións vixentes ás que puidesen ter dereito, nos termos que se fixen regulamentariamente. Quedan exceptuados os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas.

d) Se non están a traballar e son maiores de idade ou menores emancipados, figurar inscritas como demandantes de emprego, salvo nos supostos que se determinen regulamentariamente.

2. As persoas beneficiarias ás que se refire a letra b) de "beneficiarios" deberán vivir de forma independente durante polo menos tres anos antes da solicitude do IMV.

3. Cando as persoas beneficiarias formen parte dunha unidade de convivencia, esixirase que a mesma estea constituída durante polo menos o ano anterior á presentación da solicitude, de forma continuada.

Determinación da contía

A contía mensual da prestación de IMV que corresponde á persoa beneficiaria individual ou á unidade de convivencia virá determinada pola diferenza entre a contía da renda garantida e o conxunto de todas as rendas e ingresos da persoa beneficiaria ou dos membros que compoñen esa unidade de convivencia do exercicio anterior sempre que a contía resultante sexa igual ou superior a 10 euros mensuais.

Para o exercicio 2020, a contía anual de renda garantida no caso dunha persoa beneficiaria individual ascende a 5.538 euros. Para a determinación da contía aplicable ás unidades de convivencia, aplicarase a escala establecida no anexo I do Real Decreto-lei 20/2020 sobre a base da contía correspondente a unha persoa beneficiaria individual.

Incompatibilidade do ingreso mínimo vital coa asignación por fillo ou menor a cargo

A percepción da prestación do IMV será incompatible coa percepción da asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo, sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33 %, cando exista identidade de causantes ou beneficiarios desta, sen prexuízo da posibilidade de exercer o dereito de opción por unha delas.

Documentación

Solicitude. O prazo para solicitar o IMV iníciase o luns 15 de xuño de 2020.

Irá acompañada da documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos:

  1. A identidade acreditarase mediante o DNI no caso dos españois ou o libro de familia ou certificado literal de nacemento, no caso dos menores de 14 anos que non teñan DNI, e mediante o documento de identidade do seu país de orixe ou de procedencia, ou o pasaporte, no caso dos cidadáns estranxeiros.
  2. A residencia legal en España, mediante a inscrición no rexistro central de estranxeiros, a tarxeta de familiar de cidadán da Unión ou autorización de residencia.
  3. O domicilio en España, co certificado de empadroamento.
  4. A existencia da unidade de convivencia acreditarase co libro de familia, certificado do rexistro civil, inscrición nun rexistro de parellas de feito e certificado de empadroamento na mesma vivenda. 
  5. Os requisitos de ingresos e patrimonio para o acceso e mantemento da prestación realizarase pola entidade xestora.

Lugar de presentación

Preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social ou a través daqueles outras canles de comunicación telemática que o INSS teña habilitados para o efecto, sen prexuízo do que poida establecerse no marco dos convenios.

Enlaces de interese

- Normativa: https://www.boe.es/eli/es/rdl/2020/05/29/20/con

- Guía de facilitación de acceso ás medidas no seguinte enlace:  https://www.mscbs.gob.es/ssi/covid19/ingresoMinVital/home.htm

- Asistente virtual: https://revista.seg-social.es/2020/05/12/la-seguridad-social-pone-en-marcha-un-asistente-virtual-para-facilitar-la-busqueda-de-informacion-y-el-acceso-a-tramites-administrativos/

- Simulador: https://ingreso-minimo-vital.seg-social-innova.es/simulador

- Consultas frecuentes: http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/FAQ/48581/42b9f3e8-8eea-4106-864e-2b5bdad27269

 

Teléfono de información gratuíto 900 20 22 22 en horario de 09:00 a 14:30 horas.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
FALTAN 7 DÍAS PARA VIVIR O GRAN CAMIÑO EN BARREIROS
UNANIMIDADE NA CORPORACIÓN DE BARREIROS EN CALIFICAR DE INSUFICIENTE A APORTACIÓN DA XUNTA AO SAF
O CONCELLO DE BARREIROS PARTICIPA NA POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA CONVIVE
BARREIROS PRESENTA A CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS
O CONCELLO DE BARREIROS VÓLCASE DE NOVO CO SURF BASE

Páxinas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros

Política de privacidade
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidade


Horario de atención ó público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: luns a venres.

 

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda
  • Igualdade
  • ODS Axenda 2030
  • Plenos
  • Subvencións recibidas

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte