Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Aún no se ha creado contenido para la portada.
Hoxe tivo lugar a presentación do agardado "Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023" no Concello de Barreiros. O evento contou coa presenza da alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García; o coordinador da Fundación Celta de Vigo, Manu Gómez, e membros das directivas dos equipos locais que colaboran co evento cedendo as súas instalacións.
A concellería de dinamización do Concello de Barreiros presenta a axenda cultural “Barreiros ConVídate”, que terá lugar nas distintas parroquias do municipio durante os meses de maio, xuño e xullo. Este programa cultural ten como obxectivo achegar a cultura a todos os recunchos de Barreiros, ofrecendo unha variada selección de actividades para todos os públicos.