Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BANDO SOBRE NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2023

Fecha de publicación: 
Miércoles, 14 Junio, 2023 - 14:57

A alcaldía de Barreiros, como órgano responsable da seguridade no termo municipal, ante a proximidade da celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro pon en coñecemento da poboación en xeral as normas para a celebración das mesmas.

PRIMEIRO.- Só se permite a realización de fogueiras en espazos públicos a asociacións ou entidades legalmente constituídas previa solicitude por escrito do espazo e autorización nas condicións que se determine. Deberán respectar as normas establecidas para eventos.

SEGUNDO.- Queda terminantemente prohibida a realización de fogueiras en espazos naturais como praias, montes ou calquera outro espazo de sensibilidade natural e/ou ecolóxica.

TERCEIRO.- Autorízase a realización de fogueiras exclusivamente por particulares e en lugares privados, coas seguintes normas de seguridade:

• Non deben facerse fogueiras dunha altura elevada, nin preto de lugares con vexetación ou a menos de 10 metros de tendidos eléctricos ou telefónicos.

• Non se pode facer lume no contorno de locais ou depósitos nos que se almacenen produtos inflamables, nin preto de vivendas ou de calquera infraestrutura ou elemento, público ou privado, que se poida ver afectado negativamente.

• Non está permitido prender o lume se existe un exceso de vento ou se o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendios) se atopa en nivel extremo.

• Cómpre evitar usar materiais que xeren grandes charamuscas (pólas de eucalipto con follas secas, papeis etc.) que poden chegar acesas moi lonxe.

• É necesario ter auga preto para actuar ante posibles escapes.

• Non se permiten empregar na fogueira líquidos inflamables ou materias contaminantes (pneumáticos, aerosois, plásticos, cortiza branca …).

• Cómpre deixar a fogueira, e as súas cinzas, completamente apagadas antes de marchar.

• En caso de se producir algún problema é obrigado chamar ao teléfono 112 (a chamada é gratuíta).

CUARTO.- A comunicación realizada para as fogueiras de San Xoán e San Pedro só dará cobertura a aquelas acendidas entre as 7 da tarde e a 1 da madrugada das datas correspondentes (23-24 e 28-29 de xuño)

QUINTO.- Para a realización das fogueiras debe notificarse telefonicamente (982.124.002) ou por medio de correo electrónico (rexistro@concellodebarreiros.gal) ata o día anterior á realización da fogueira (22 ou 27 de xuño) ás 14 horas para a súa comunicación ao Distrito Forestal correspondente. Esta comunicación non será válida no suposto do punto primeiro, para o que serán precisas solicitude e autorización por escrito, ao tratarse de eventos.

SEXTO.- A persoa organizadora que comunique a realización será a responsable de que se cumpran as indicacións anteriores.

 

Archivos: 

20230613_publicacion_bando_fogueiras_2023.pdf

20230613_publicacion_bando_fogueiras_2023.pdf

Media Folder:

  • Media Root

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
BARREIROS CLAUSURA O CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES 2023 COA ENTREGA DE PREMIOS
O CONCELLO DE BARREIROS A TRAVÉS DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL CONVOCA OS XA TRADICIONAIS CERTAMES DE POESÍA E DEBUXO DO NADAL
BARREIROS CELEBRARÁ O VINDEIRO DOMINGO 26 DE NOVEMBRO A GALA FINAL DO CIRCUITO +KMSBARREIROS
ERMIDA TRASLADA AO VICEPRESIDENTE DA XUNTA A PETICIÓN DE COLABORACIÓN NOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO
A MARIÑA EN CUBA E MEMORIA DE MARIÑÁNS XA FORMAN PARTE DO CATÁLOGO DE LIBROS DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte