Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O SERGAS decidiu levar a cabo un cribado da poboación en Barreiros ante o incremento da incidencia e para tratar de cortar cadeas de transmisión.
Barreiros, 09 de abril de 2021. O SERGAS ven de trasladarlle á alcaldesa de Barreiros que o vindeiro martes, 13 de abril, fará un cribado voluntario para a prevención da Covid-19 no ámbito do termo municipal do Concello de Barreiros.
O cribado vai dirixido á poboación en xeral, con especial insistencia nas persoas que por razóns laborais ou sociais poidan actuar como transmisoras: Persoas que desenvolven a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado de cara ao público (persoal da administración; de hostalería, restauración e/ou hospedaxe; supermercados; tendas de alimentación; negocios con atención ao público; transporte público ou privado de viaxeiros; servizos asistenciais, e calquera outro sector análogo).
Persoas que participaran nos últimos 10 días (desde o 29 de marzo) en actividades grupais de calquera tipo: actos culturais, deportivos e/ou relixiosos, encontros, andainas, comidas ou similares.
Calquera persoa que considere que a súa actividade pode ser susceptible de contribuír á expansión do virus.
Para anotarse desde este momento no correo cribadobarreiros@gmail.com (ata o luns as 14:30)
Nos teléfonos 982.31.71.33 / 982.31.71.37 (o luns de 9:30 a 14:30)