Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
As datas para a presentación das solicitudes de matrícula son: desde o 15 ó 30 de xuño.
Barreiros, 11 de xuño de 2020.
Tendo en conta as circunstancias destes meses de confinamento derivados da crise sanitaria do COVID-19 e a declaración do estado de alarma que suspendeu os prazos administrativos dente o 14 de marzo ata o 1 de xuño de 2020, non foi posible seguir as datas habituais de presentación de documentación de matrícula na Escola Infantil municipal para o curso 2020-2021.
Unha vez que, o día 1 de xuño se retomaron os prazos administrativos, a Xunta de Goberno Local acorda fixar unhas novas datas para a presentación das solicitudes de matrícula para o ano 2020-2021, para todos aqueles que non teñan reserva de praza xa, conforme á normativa aplicable.
PRAZOS:
Dende o seguinte enlace podes ver toda a información así como descargar o modelo da solicitude. + información Escola Infantil Municipal