Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros a través do departamento de Servizos Sociais organiza un concurso de fotografía que terá como tema “A MULLER TRABALLADORA”
BASES I CONCURSO FOTOGRAFÍA “A MULLER TRABALLADORA”
TEMA: o tema do I concurso de fotografía “a muller traballadora” será a expresión por medio da fotografía da loita da muller polos seus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Todo material inapropiado ou non vinculado coa temática será descartado e non se terá en conta para o fallo do xurado.
PARTICIPANTES/CATEGORÍAS: establécense 3 categorías:
- Categoría A: desde 8 ata 12 anos.
- Categoría B: desde 13 ata 17 anos.
- Categoría C: desde de 18 anos.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: as fotografías obxecto de concurso deberán ser entregadas nas Oficinas Xerais do Concello de Barreiros ou nos CEIP de San Cosme de Barreiros e CEIP San Miguel de Reinante. O prazo remata o 7 de marzo ás 13 horas. Permitiranse un máximo de 3 fotografías por participante.
ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS: as fotografías entregaranse en formato impreso e tamaño 10 x 15 cm (papel fotográfico), asinadas cun pseudónimo e en sobre pechado. Acompañando outro sobre pechado (anexado ao principal) onde figurará o pseudónimo xunto co nome, idade e categoría na que participa. O incumprimento destas especificacións elimina á fotografía da participación do concurso.
No caso de presentar un mesmo autor varias fotografías, estas deberán ser entregadas de xeito individual.
DEREITOS DE AUTORÍA: as obras presentadas a concurso son propiedade do seu autor e autorizará ao Concello de Barreiros para a súa difusión (o Concello de Barreiros comprométese a citar a autoría de calquera fotografía que se use para dito fin divulgativo).
O autor é libre do seu uso unha vez emitido o fallo do concurso, comprometéndose a non divulgar ningunha das fotografías presentadas a concurso antes da resolución das premiadas, a divulgación previa implica a non participación no concurso.
Tras o fallo do xurado, os participantes autorizan ao Concello de Barreiros a realizar unha exposición de tódolos traballos presentados.
XURADO: a fotografía gañadora será elixida por un xurado composto por tres integrantes sensibilizados e vinculados coa temática do mesmo e o mundo da imaxe.
PREMIOS: haberá un primeiro e un segundo premio por categoría. A resolución das fotografías premiadas está prevista para o xoves 8 de marzo do 2018 ás 19 horas no Centro Social de San Cosme de Barreiros.
*Todas aquelas cuestións non reflexadas nestas bases serán resoltas polo Concello de Barreiros.