Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Aula CeMIT de Barreiros súmase ao convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para facilitar que, o alumnado universitario que teña dificultades de conectividade nos seus fogares, poida utilizala para a realización dos exames correspondentes ao curso universitario 2019-2020.
Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo, terán que darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT e seguir o Protocolo https://bit.ly/3dMHllS para a realización de exames universitarios na Rede CeMIT.
Toda a información atópase na web cemit.xunta.gal
Para dúbidas pódese contactar coa Aula CeMIT de Barreiros no 666.875.946 ou correo cemit@concellodebarreiros.gal