O Concello de Barreiros en colaboración coa asociación “Mulleres en igualdade Burela” organizan un programa de inserción sociolaboral para mulleres en situación de vulnerabilidade.
O programa ten como misión a reinserción no mercado laboral das mulleres en situación de vulnerabilidade a través de:
- Apoio e titorización na toma de decisións ao longo da actuación.
- Formación dirixida a potenciar os hábitos laborais, habilidades e coñecementos para diferentes postos de traballo.
- Capacitación profesional.