O Concello acolleu hoxe a presentación das carreiras Monte Comado, que terán lugar os días 14 e 15 de outubro. Están organizadas por Casa Elena, Peña Barcelonista San Miguel, Taxi Antonio Valea, Decoración e Pintura Centeno, Actiboot, Café Bar Moderno e Meta. E contan coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil e a Deputación Provincial de Lugo.
Este ano presentouse a clásica de ½ km vertical, como novidade o Trail 13km, o Trail de 26km e o trail infantil.