Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Preto de 40 barreirenses participaron o pasado sábado (13 de maio) na terceira etapa da peregrinación a Santiago, a través do Camiño Francés, que están a realizar as fins de semana. O treito percorrido foi o comprendido entre Sarria e Portomarín. O concelleiro José Manuel Gómez Puente dixo que "seguimos moi unidos facendo camiño e con moita ilusión". Esta peregrinación está organizada polo Concello de Barreiros.