Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Na tarde de hoxe tivo lugar a entrega de premios do IV Certame de Debuxo Di NON á violencia, no que participaron alumnos e alumnas de 4º, 5º, 6º dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel. Ao acto acudiron o alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez.
Os premiados nas distintas categorías foron:
-En 6º o primeiro premio foi para Uxía Fernández Díaz (do CEIP San Miguel). O segundo premio desta categoría quedou deserto.
-En 5º o primeiro premio foi para Sara Lamelas Fernández (do CEIP San Miguel) e o segundo para Bruno Arca Fernández (do CEIP San Cosme).
-E en 4º o primeiro premio foi para Anxo López Val (do CEIP San Miguel) e o segundo premio para Felipe Martín de Burgos (do CEIP San Cosme).
Desde o Concello de Barreiros agradecen a participación das rapazas e rapaces neste Certame convocado ao abeiro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.