Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

PEDRO BLANCO DESTACA EN BARREIROS A APOSTA DO GOBERNO POLO LITORAL GALEGO CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 900.000€ DO PLAN DE RECUPERACIÓN PARA MELLORAS NAS PRAIAS DE AREALONGA E VALEA

Fecha de publicación: 
Martes, 19 Diciembre, 2023 - 10:46

O delegado visitou o pasado mércores, 13 de decembro, o concello para comprobar en persoa o avance das obras de mellora nestes espazos naturais

• O delegado do Goberno supervisou os traballos financiados polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico acompañado pola subdelegada do Goberno, a alcaldesa de Barreiros e a segunda tenente de alcaldesa.

• Blanco lembrou que as actuacións nas dúas praias teñen como obxectivo recuperar e protexer o sistema dunar, acondicionando os espazos para o acceso de persoas con mobilidade reducida.

• “O delegado explicou que “a maior defensa do litoral son os proxectos en vigor, a asunción de competencias responsable, financiando e facendo realidade as necesidades que se fan notorias nas nosas costas, cunha xestión seria e con rigor”.

• Os fondos do Plan de Recuperación do Goberno contribúen á protección do litoral galego e lucense, conservando os recursos naturais e paisaxísticos para goce tanto da veciñanza do lugar como para os turistas habituais na Mariña”.

• Ermida agradeceulle os traballos de protección e conservación do litoral que se están a facer en Barreiros e aproveitou a ocasión para reiteroulle a necesidade dunha nova depuradora en aras da veciñanza, do turismo e da saúde pública.

Barreiros, 19 de decembro de 2023. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo en valor no concello de Barreiros a aposta do Goberno de España pola conservación e mellora do litoral galego, cun investimento de máis de 900.000 euros do Plan de Recuperación para acometer melloras nas praias de Arealonga e Valea. Visitou o avance das obras acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a segunda tenente de alcaldesa, Carmen Veiga.

O delegado lembrou que os dous proxectos liderados pola Dirección Xeral para a Sostenibilidade da Costa e o Mar teñen como obxectivo recuperar o sistema dunar das praias, financiados cos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. “Comprobamos co avance das obras o compromiso do Goberno pola conservación dos recursos paisaxísticos e medioambientais da provincia, nomeadamente da comarca da Mariña”.

Nesta liña, Pedro Blanco incidiu en que “estas intervencións permiten recuperar e manter a gran riqueza natural predominante no concello de Barreiros, traballando sobre potenciais atractivos turísticos e mellorando estas zonas para toda a veciñanza”.

O delegado explicou que “a maior defensa do litoral son os proxectos en vigor, a asunción de competencias responsable, financiando e facendo realidade as necesidades que se fan notorias nas nosas costas, cunha xestión seria e con rigor”.

Actuacións nos dous areais

Os traballos na praia de Arealonga, cun valor de 556.140 euros, consisten na recuperación do ecosistema mediante a demolición de estruturas e pavimentos no sistema dunar, a erradicación de especies invasoras que supoñen unha importante ameaza, como é o caso da herba da Pampa, a posterior restauración de especies autóctonas e a protección e posta en valor do sistema dunar. Estanse a executar á súa vez novos accesos e melloraranse os existentes. Ademais, o proxecto completarase coa adaptación do edificio de servizos actual para persoas con mobilidade reducida.

No caso da praia de Valea, cun investimento de 347.500 euros, tamén se están a eliminar as especies invasoras, recuperando o sistema dunar mediante a reordenación ambiental e de accesos que protexa a contorna cunha plantación de especies de lento crecemento. Construirase así mesmo un peche perimetral de postes de madeira e reporase o pavimento danado polo paso do tempo e os temporais, creando un novo paso accesible cunha pasarela de madeira.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA PERSOAS ADULTAS. TEMPADA 26/27
BARREIROS DESPIDE A HAMDI, O NENO SAHARAUÍ ACOLLIDO ESTE VERÁN POR UNHA FAMILIA BARREIRENSE
O CONCELLO DE BARREIROS COLABORA COS CLUBS DE FÚTBOL LOCAIS NO MANTEMENTO DOS SEUS TERREOS DE XOGO
O TELECLUB DE SAN COSME AVANZA NA SÚA CONVERSIÓN COMO CENTRO ECONÓMICO E SOCIAL
BANDO ECLIPSE SOLAR

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte