Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBTI (Lesbianas, Gays, Bisexuais, Transexuais, Intersexuais), o 28 de xuño, o Concello de Barreiros organiza diversos actos para darlle visibilidade a estes colectivos.
Dende a primeira hora da mañá as escaleiras do Consistorio atoparanse cubertas con cores formando a bandeira LGBTI. Ás 11:30 h. lerase un manifesto na Praza do Concello coa idea de “concienciar a sociedade a favor da diversidade sexual, a igualdade e o respecto“ ao cal invítase a participar a toda persoa que o desexe.
Na vindeira semana organizaranse actividades lúdico-formativas na Escola Infantil Municipal para que tamén os máis pequenos poidan conmemorar esta data.