Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros continúa coa mellora da rede viaria local nas parroquias do concello. Neste caso, e ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural están a executarse obras de mellora e conservación e limpeza de cunetas nos viais que comunican aos barrios de A Pedreira, O Teixo e Seoane, na parroquia de Cabarcos nunha lonxitude de 1,6 km.
A cargo do mesmo plan iniciáronse tamén as obras de limpeza de viais en San Xusto e Vilamartín Pequeno para proceder de seguido ao correspondente aglomerado, actuando nestes casos nunha lonxitude de 1,2km.
O Alcalde en funcións e concelleiro de Obras Antonio Veiga e o concelleiro de Medio Rural Dámaso Ratoeira fixeron seguimento da execución das obras na parroquia de Cabarcos e Antonio Veiga manifestou que “continuamos mellorando a nosa ampla rede local de camiños e pistas de acordo a unha planificación e cubrindo zonas progresivamente, coma nesta parroquia onde damos continuidade a outros asfaltados feitos como son o acceso a Fixoucos desde a N-634, e a conexión Fixoucos – A Pedreira”. Afirmou tamén que este tipo de traballos terán continuidade nos vindeiros meses no resto das parroquias, cos fondos do Plan Único da Deputación e tamén con fondos propios.