A alcaldesa lamenta enterarse pola prensa dunha suposta proposta da Xunta para impulsar a nova depuradora con fondos do eixe REACT-EU do programa FEDER Galicia de resposta europea fronte á pandemia que no Concello nunca se recibiu.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, lamenta a actitude da presidenta de Augas de Galicia na resposta dada en comisión parlamentaria, ao mostrarse como brazo político dun PP capitaneado por Balseiro en lugar de como parte dunha administración á que se lle supón cooperación e lealdade institucional.