O alcalde, na súa folla de ruta para recuperar a boa imaxe de Barreiros, esixe que reinicien a construción ou procedan a derrubar os esqueletos. As estruturas están ubicadas en San Cosme, Moás, Remior, San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante. Fuente Parga pide máis informes aos técnicos sobre outras posibles construcións por se é necesaria unha nova fase de requerimentos.