Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Espectáculo teatral no centro socicultural para o sábado 13 de setembro.
A concellería de dinamización e participación veciñal segue desenvolvendo o programa Barreiros Convídate, ofrecendo desta volta a actuación de Cándido Pazó que representará o espectáculo teatral Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
Memorias dun neno labrego é un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.
Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.
A actuación terá lugar centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o vindeiro sábado, 13 de setembro, ás 19:00 horas.
A entrada é gratuíta pero devido as limitacións de aforo (50 persoas), esta deberá ser retirada previamente na Biblioteca Municipal en horario de 9:30 a 14:30.
Cada persoa poderá solicitar un máximo de 3 entradas e no caso de que, algunha das entradas solicitadas non se vaia utilizar, deberase comunicar e entregar á organización coa maior brevidade posible.