Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros publica as bases da convocatoria para a contratación temporal de sete persoas para realizar o servizo de “Salvamento e Socorrismo nas praias de Barreiros”.
A duración dos contratos será de dous meses (dende o 1 de xullo ó 31 de agosto) e financiaranse con fondos propios municipais.
Toda persoa interesada pode presentar a súa solicitude no Concello de Barreiros en horario de atención ao público ou estar anotado na oficina de emprego como demandante na categoría correspondente ata o día 25 de xuño.
Documentos