O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido este venres, 8 de marzo. Será pola noite na praza do Concello.
Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza o Desfile e Baile de Entroido este venres, 8 de marzo. Será pola noite na praza do Concello.
Así o anunciaron este mediodía en Barreiros o alcalde e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Ademais presentaron as obras de humanización a realizar nas inmediacións dos colexios.
O Concello organiza a Semana da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.
AGORA SÓ QUEDA PENDENTE A REPOSICIÓN DO FIRME NA ESTRADA.
O Concello ven de realizar obras na traída de auga na zona de Pumarín. Alí substituíuse máis dun quilómetro da vella rede de fibrocemento, na que se rexistraban avarías con certa frecuencia. O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad, visitaron os traballos que rematarán coa reposición do firme.
O alcalde, Alfonso Fuente, visitou esta mañá as obras da depuradora de Celeiro de Mariñaos, que entrará en funcionamento en breve. O investimento realizado ascende a 1 millón de euros.
O Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.