Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
KILÓMETROS DE PERCORRIDO
8,18 Km. Aprox.
ÉPOCA IDEAL
En primavera e verán por tratarse de pistas forestais, día sen néboas pola excelente panorámica. Percorrido ideal para facer en bicicleta de montaña e a pé.
DIFICULTADE
Medio – alta. Hai que estar en forma pola forte subida.
SITIOS DE INTERESE
Igrexa, cruceiro, casas con escudo, muiños, capela de S. Antón, As Fachas: zona catalogada e limitada dos xacementos arqueolóxicos.
Destacamos a fonte Fermosiña e a Pena Corveira (excelente mirador)
VEXETACIÓN
Terras de cultivos e praderias. No arboredo, eucaliptos. Nas Fachas, bosque autóctono: carballos, salgueiros, bidueiras, loureiros, uces e fentos.
FAUNA
Corzos, xabaríns, raposos, porcos teixos, xenetas, martas; corvos, pegas, merlos...