Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Punto de partida situado nunha pista asfaltada no barrio das Saíñas, ó pasar o cruce do Pozo Mouro, á dereita (estrada N-634). A ruta transcorre paralela ó río Masma, río troiteiro e salmoneiro.
6,5 km
Calquera do ano, pero sobre todo en primavera e verán. É un percorrido ideal para facer en bicicleta de montaña e a pé.
A ruta transcorre paralela ó río, non entraña grao de dificultade. Non é aconsellable facela en época de chuvias.
Presa e muíño de Fontela. Central eléctrica.
Na primeira parte atópanse pradeiras e terras de cultivo. Deixando O Barral atopamos castiñeiros, carballos, salgueiros, nogueiras, amieiros, bidueiras, loureiros, pradairos, piñeiros e eucaliptos.
Corzos, xabarís, raposos; pombos, patos, garzas; troitas e salmóns.