Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
San Cosme de Barreiros → Insua → Ecoplanta – Punto Limpo → Penabor.
San Cosme → Ecoplanta (en coche) – 8 km ida e volta + Ecoplanta → Penabor (a pé) – 2 km ida e volta.
10 km
Calquera do ano, especialmente primavera e verán. Convén escoller un día despexado, para poder admirar a panorámica que ofrece Penabor (336 m).
Baixa.
Igrexa de San Cosme e Capela de Santa Ana.
Vistas desde o mirador:
Ós nosos pés, podemos apreciar San Cosme, ó fondo a Punta de San Bartolo e á esquerda desta, a praia de Altar.
Seguindo coa vista da franxa costeira, divisaremos hacia o noroeste, en primeiro lugar, a desembocadura do río Masma, á súa beira esquerda a vila de Foz, e ó seu término a praia da Rapadoira.
Terra adentro e case en liña coa nosa posición, podemos contemplar o “Pico da Lebre” (358 m).
Continuando coa vista a linde, entre o mar e a terra, chegaremos a avistar Burela, e incluso ata a factoría Alcoa, e as Illas Farallóns e Illa Coelleira.
Cara ó Oeste preséntasenos, en primeiro termo, o “Pico de Cornería” (432 m), o vértice de unión entre os concellos de Foz, Barreiros e Lourenzá. Tras este, divisaremos o Alto de Carrás (486 m), e un pouco despois a “Pena do Buitre” (459 m), límite dos concellos de Foz, Lourenzá e Mondoñedo, e por último o “Pico da Frouxeira” (427 m).
Cara ó Sur, descubriremos unha bela estampa da Insua e a Capela de Santa Ana, intuíndose tras os montes o espírito do Camiño Norte de Santiago, que atravesa o Val de Cabarcos de leste a oeste.
Volvendo cara ó leste, veremos secuencialmente todas as praias do Concello de Barreiros. Seguindo a liña da costa de oeste a leste, iremos vendo as praias de Altar e San Bartolo, a praia de Remior. A continuación, as praias de Coto e Valea. Seguidamente as de Fontela e Lóngara, pertencentes á parroquia de Benquerencia. A praia da Pasada, situada en San Miguel de Reinante, e xa por último a praia de Arealonga, en Reinante.
Arboreda de piñeiros e eucaliptos.
Corzos, raposos, xabarís, esquíos, xinetas…