Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A) Casa do Concello --> Estrada N-634 ata rotonda Cruz do Lobo --> Dirección Viveiro --> Primeira pista asfaltada a man dereita --> Lagoa dos Patos.
B) Casa do Concello --> Estrada das praias --> Ponte de Feve --> Pista asfaltada a man esquerda dirección Áspera – Igrexa Parroquial --> Vilar --> pista a man dereita dirección Covas --> Lagoa dos Patos.
6,63 Km
Calquera do ano, especialmente primavera, verán e outono. Convén escoller un día sen néboa para que a bruma non impida observar o comportamento das aves e anfibios que habitan na lagoa.
Baixa.
Igrexa parroquial de San Cosme.
Aves (patos, garzas, cormoráns, gaivotas) e anfibios (ra verde).
- A primeira recomendación ó visitante é que acceda á Lagoa polo primeiro itinerario, e utilice o segundo para o retorno, facendo así todo o percorrido.
- Será moi adecuado portar prismáticos, catalexo e/ou cámara fotográfica con teleobxectivo de largo alcance.
- Tratarase de non falar en voz alta, nin facer ruído ó camiñar, para que os animais non detecten a nosa presenza e se escondan.
- Procurar non vestir con cores rechamantes que descubran facilmente a nosa presenza.
- Non realizar movementos bruscos que fagan que os animais se asusten e se oculten.
- Tratar de obter un enclave que disfrace a nosa presenza co entorno, e desde o que o campo de visión sexa o máis amplo posible.