Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
OFERTA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE 3 PEÓNS FORESTAIS - Subvención APROL RURAL 2025
Convocatoria de contratación temporal de ata 3 persoas desempregadas, (dependerá dos postos que veñan subvencionados pola Xunta de Galicia a través deste programa), para realizar a obra ou servizo denominada “Prevención e defensa contra incendios forestais e xestión da biomasa”, por un prazo de nove meses, a xornada completa, mediante contrato temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social. A data estimada de inicio será o 19 de maio, inda que dependerá da resolución de concesión da subvención por parte da Consellería.
Para optar o proceso de selección, as persoas interesadas deberán inscribirse na Oficina Pública de Emprego de Ribadeo como persoas demandantes non ocupadas.
Os postos a cubrir realizarán o servizo temporal de “PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E XESTIÓN DA BIOMASA” - Subvención APROL RURAL 2025.
A data límite para anotarse na oficina de emprego de Ribadeo é o 5 de maio do 2025 e as persoas que figuren no listado remitido pola Oficina de Emprego de Ribadeo deberán presentarse nas oficinas municipais do concello de Barreiros o día 12 de maio de 2025 ás 10:00 horas, con toda a documentación que poda ser valorada conforme ao baremo de méritos.
Documentación: