Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A Consulta Pública é un mecanismo de participación cidadá contemplada no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e ten como obxectivo recadar as opinións que os cidadáns e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas por unha futura norma. Desta maneira, a cidadanía participa no procedemento de elaboración de normas municipais (coas excepcións do artigo 133 da LPACAP).
Así pois, o Concello de Barreiros pon a disposición da cidadanía a consulta pública previa para desenvolver o proceso de consulta participativa nos anteproxectos de ordenanzas e regulamentos. A Consulta Pública non é vinculante, e non se responderá as opinións recibidas. Poderán participar todos os cidadáns, xa sexa de forma individual ou como organizacións representativas, potencialmente afectados pola futura norma en canto a:
Título | Data de publicación | Inicio consulta | Fin consulta | Período de participación |
---|---|---|---|---|
Aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga, e hidrocarburos | 04/11/2021 | 05/11/2021 | 20/11/2021 | Pechado |