A XUNTA DE GOBERNO APROBOU AS OBRAS A INCLUÍR NO PLAN ÚNICO E DEU TRASLADO DO ACORDO Á DEPUTACIÓN DE LUGO. O INVESTIMENTO ASCENDERÁ A UNS 200.000 EUROS, SEGUNDO DEU A COÑECER ESTA MAÑÁ O ALCALDE, ALFONSO FUENTE.
A xunta de goberno aprobou as obras a incluír no Plan Único e deu traslado do acordo á Deputación Provincial de Lugo, segundo ven de confirmar o alcalde, Alfonso Fuente. O investimento total ascenderá a preto de 200.000 euros. Trátase das melloras de varios camiños, alumeados públicos e unha traída de auga.