O Concello de Barreiros organiza unha charla informativa sobre a avespa velutina o vindeiro sábado, 18 de marzo en Celeiro de Mariñaos.
Nesta charla intervirá como poñente José María Vázquez, xerente de Serpa (empresa de exterminación), inventor e investigador de campo, quen falará sobre trampeo profesional da velutina, técnicas para evitar ataques nas colmeas, trampas novas e ciclos da velutina.