O Concello acolleu a presentación esta mañá do XXXVI Festival Folclórico do Emigrante, que terá lugar o vindeiro sábado, 5 de agosto, en San Miguel de Reinante. No acto participaron o alcalde, Alfonso Fuente, e o director da asociación folclórica O Arco da Vella (organizadora do evento), Enrique Penabad, acompañados de varios membros deste colectivo.