O mar levou unha ponte na praia de Remior, ocasionou danos nos aseos de Benquerencia e moveu as escaleiras situadas fronte ao Cámping Gaivota. O alcalde subliña que os danos son cuantiosos e agarda que todo se poida poñer en servizo pensando na semana santa.